Un xardín con alma de museo....

As camelias de Quinteiro da Cruz iluminan un xardín con alma de museo. Unha colección de pezas únicas prendidas das sebes, a xeito de tabiques que separan os carreiros. De glorietas, escondedoiros e escaleiras que se abren á fin a unha paisaxe de viñedos.

 

Fuxidías e, por forza, irrepetibles, as camelias de Quinteiro da Cruz esparéxense polo xardín ao dar febreiro. Éncheno de charamuscas de cor ou de muxicas que titilan entre as sombras das sebes. E ao que morren, teñen xa valor de monumento.

Todo este patrimonio de beleza arrequece os seus fondos cada inverno. Do Oriente, do Vietnam, do Xapón ou da China, e ás veces da imaxinación sen ir máis lonxe, chegan infinitas variedades de camelias que compoñen unha exposición que non pode ser nin máis temporal nin máis eterna; unha mostra de arte vexetal en toda regra.

Efémeras, serenas. Camelias de vangarda, encarnadas, negras. De pétalos marxados que en Quinteiro da Cruz se volven, de certo, obras mestras.

Información visitas:
+34 619 110 806

Enlaces relacionados...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba