Top-ten: Dez lugares únicos

Galicia é auga, é terra, é vento… Galicia é sentimento, paixón, ledicia, morriña… Galicia é arte, historia, lenda… É todo aquilo que vos fai soñar, emocionarvos, marabillarvos… Todo isto é Galicia, unha terra que iredes descubrindo pouco a pouco, paso a paso…

Por iso, presentámosvos unha selección de dez lugares únicos desta terra que de seguro non vos han deixar indiferentes e que, sen dúbida, encarnan a esencia de Galicia: atoparédesvos con marabillas naturais, como as Illas Cíes ou os acantilados de Vixía Herbeira, monumentos Patrimonio da Humanidade, como a Muralla de Lugo, a Torre de Hércules ou o Camiño de Santiago e o seu Casco Antigo, lugares únicos pola súa beleza arquitectónica e paisaxística,  como a Ribeira Sacra ou o Ferrol da Ilustración, e outros lugares non menos especiais polo seu valor mitolóxico ou histórico, como o Cabo Fisterra ou o Castro de Santa Trega.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba