Contan que as Rías Galegas, eses longos brazos de mar que penetran na terra, son a pegada dos dedos de Deus que, logo de crear o mundo, apoiou aquí a súa man para descansar.

E talvez sexa certo, pois nos intricados 1.498 km de costa que van de Vigo a Ribadeo, as rías constitúen un fenómeno singular, un agasallo do ceo... para gozar da terra.

De leste a oeste, de norte a sur, das Rías Altas ás Rías Baixas pasando polas da Costa Ártabra e as da Costa da Morte, cada ría galega é un refuxio que alberga todo un mundo de riquezas naturais, de paisaxes cunha historia que contar.

Cantís e praias de augas tranquilas, viñedos e piñeirais, vilas mariñeiras, portos deportivos, pazos con xardíns á beira da auga e o que para moitos é o mellor da rías, unha espléndida gastronomía con sabor a mar.

Arriba
Axúdanos a mellorar!