O Arquivo de Galicia, situado nun edificio contiguo ao da Biblioteca, foi inaugurado o 11 de xaneiro de 2011 polos Príncipes de Asturias. Como cabeceira e centro de referencia do sistema de arquivos de Galicia, a súa misión é a de recibir, custodiar e poñer a disposición dos cidadáns todos aqueles documentos públicos ou privados en calquera tipo de formato (papel, vídeo, fotografía, audio...) que, polo seu valor, necesiten ser conservados.

En virtude da súa dobre función administrativa e histórico-cultural, custodiará os documentos emanados das actividades da Xunta de Galicia e os seus órganos dependentes, asegurando o acceso aos cidadáns tanto desde as súas instalacións como a través de Internet. Mediante a xestión do patrimonio documental, o Arquivo de Galicia constituirase en salvagarda dunha parte significativa da memoria de Galicia, propiciando tamén a recuperación e revalorización dos fondos documentais conservados pola emigración.

Usos

  • Nivel 1 - 1.250 m2 útiles: locais técnicos, comunicación coa área de carga e descarga.
  • Nivel 2 - 5.589 m2 útiles: recepción, catalogación, reprografía e dixitalización, oficinas, comunicación subterránea coa Biblioteca, sala de lectura, centro de investigación, centro de xestión de instalacións e depósito principal.
  • Nivel 3 - 4.386 m2 útiles: acceso principal, zonas comerciais e de instalacións, información, gardarroupa e zona de exposicións.

 

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba