A Biblioteca de Galicia abriu as súas portas o 11 de xaneiro de 2011 nunha cerimonia presidida polos Príncipes de Asturias. Destinada a ser cabeceira do sistema de bibliotecas galegas, a súa misión é a de reunir, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia e toda a produción impresa, sonora, audiovisual ou informática relacionada co mesmo.

Á súa vez, representará ao sistema bibliotecario galego en España e ante todos os organismos, foros e plataformas internacionais do ámbito bibliotecario. Promocionará e difundirá a cultura galega, facilitando o acceso ao patrimonio bibliográfico galego, xa sexa de forma presencial ou virtual, e será unha peza clave para as actividades culturais relacionadas co libro, a lectura e as bibliotecas. Neste marco, destinará recursos especiais á promoción da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, potenciando o seu valor e a diversidade cultural. Tanto os cidadáns en xeral como o público profesional poderán acceder á información relevante para usos culturais e educativos.

Usos

  • Nivel 1 - 866 m2 útiles: locales técnicos, carga e descarga.
  • Nivel 2 - 4.289 m2 útiles: recepción, catalogación, reprografía, oficinas, procesado, comunicación subterránea co Arquivo de Galicia, sala de lectura para investigación, sala multimedia, depósito de libros, almacenes e instalacións.
  • Nivel 3 - 4.720 m2 útiles: acceso principal, zonas comerciais, información, gardarroupa, zona de exposicións, depósito, aulas, auditorio e sala de lectura.
  • Nivel 4 - 2.785 m2 útiles: sala de lectura, administración e xestión, depósito
  • Nivel 5 - 1.777 m2 útiles: depósito e instalacións.
  • Nivel 6 - 1.265 m2 útiles: depósito.
Arriba