Cunha superficie expositiva de 6.600 metros cadrados, dividida en tres plantas, acollerá exposicións temporais de fondo calado, o cal ofrecerá a posibilidade de amosar instalacións que pola súa envergadura non poderían exhibirse noutros centros culturais de Galicia.

Ademais das exposicións, o Museo despregará unha oferta de actividades formativas e de divulgación que o converterán nun centro activo e en continúa renovación. Este edificio estará conectado aos grandes circuítos internacionais.

A espectacularidade da súa fachada, os case 43 metros de altura e os seus máis de 16.000 m2 de superficie fan do Museo un dos edificios máis singulares e con máis posibilidades de uso da Cidade da Cultura de Galicia.

Usos

  • Nivel 1 - 4.460 m2 construidos: locais técnicos, almacenes, talleres, carga e descarga e instalacións.
  • Nivel 2 - 5.994 m2 construidos: exposicións temporais, servizos do museo, seguridade, conservación e almacenes.
  • Nivel 3 - 4.079 m2 construidos: acceso principal, información, gardarroupa, exposicións temporais, seminarios, aula e zonas comerciais.
  • Nivel 4 - 2.704 m2 construidos: servizos de administración e xestión. Zona expositiva.
  • Nivel 5 - 1.963 m2 construidos: zona expositiva.
  • Nivel 6 - 1.534 m2 construidos: zona expositiva.
Arriba