Situados en lugares estratéxicos e con espectaculares vistas, os castros son poboados fortificados nos que en tempo de guerra se refuxiaban os antigos habitantes de Galicia. Pero ademais, os castros galegos teñen unha dimensión máxica, xa que ao estaren en zonas altas críase que facilitaban o contacto co ceo, co máis alá.

Vestixios da cultura celta e en uso durante máis de mil anos (desde o século VI a.C. ata o VI d.C.), en Galicia hai centos de castros ao descuberto e miles aínda sen descubrir. Para non esquecer: o impresionante castro de San Cibrao de Las; o de Viladonga, que domina a Terra Chá lucense; o de Baroña, construído sobre as rocas e á beira dunha marabillosa praia; e o castro de Santa Trega, na Guarda, un dos maiores e mellor conservados, cunhas impresionantes vistas da desembocadura do río Miño, entre España e Portugal.

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!