O cervo máis fermoso do mundo está en Galicia. Ten máis de 4.000 anos pero conserva unha esvelta figura. É un petróglifo, un gravado esculpido sobre a roca por un refinado artista do Neolítico.

O cervo é o protagonista dunha escena de caza recollida nunha gran roca duns 60 m² e á que dan sombra dous frondosos carballos. Coñécese como A Laxe dos Carballos e é un dos 80 petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, a maior concentración de gravados rupestres en toda Europa.

En realidade, os petróglifos son unha presenza viva e silenciosa que se estende por Galicia. Labirintos, animais, símbolos xeométricos, figuras humanas... A paisaxe galega ten un halo de misterio.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba