Fai unha viaxe ao pasado. Unha máxica. En Galicia podes.

Unha viaxe a través dos emocionantes petróglifos, gravados rupestres feitos en pedra hai miles de anos e cuxo significado para os estudosos segue a ser, aínda hoxe, un misterio. Aquí encóntranse algúns dos maiores e máis espectaculares xacementos de Europa. Ou ben achégate a coñecer os fabulosos dolmens, as grandes e sorprendentes construcións pétreas dos habitantes do neolítico. Ou descubre nos prodixiosos e espectaculares castros, como vivían nas alturas dos montes os feros habitantes de Galicia, antes de que chegasen aquí as poderosas lexións de Roma.

Toda unha viaxe emocional e histórica, chea de sorpresas e descubrimentos.


Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba