Saída de Ourense

Sairemos da capital das Burgas en dirección aos Peares, pola N-120. Nesta localidade tomaremos a estrada de servizo hidroeléctrica, que nos levará ata o embarcadoiro de Santo Estevo. Dende aquí poderemos realizar un percorrido en catamarán dunhas tres horas de duración (ida e volta), ao longo dos tramos máis espectaculares da Ribeira Sacra, que nos permitirá gozar coas paredes verticais e as grandes masas de vexetación autóctona.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

De Nogueira de Ramuín a Ourense

De volta ao embarcadoiro, subiremos pola estrada zigzagueante con dirección a Luíntra. Un pouco antes de chegar a esta vila, capital do concello de Nogueira de Ramuín, desviarémonos uns centos de metros para achegarnos ao mosteiro (actualmente reconvertido en Parador) de Santo Estevo de Ribas de Sil. De volta sobre os nosos pasos, tomaremos a estrada principal pola que viñamos ata Luíntra. Dende alí parte unha estrada que nos levará a San Pedro de Rocas, orixinal mosteiro situado no concello de Esgos. Tras visitalo, seguiremos pola estrada uns quilómetros ata chegar á antiga estrada Ourense-Ponferrada (hoxe estrada comarcal), que nos conducirá de novo ao noso punto de partida.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba