LIC - REDE NATURA 2000

Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)

Para asegurar a conservación de diferentes espazos debido ao seu interese natural, cultural,científico, educativo ou paisaxístico estes poden ser declarados Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Inclúense nesta consideración as zonas especiais da Rede Natura 2000 (directiva CEE 79/409 e 92/43) que non teñan outra figura de protección e nelas será posible a realización de usos e actividades tradicionais sempre que non vulneren os valores protexidos. Natura 2000, é unha rede europea de espazos naturais protexidos que inclúe os Lugares de Importancia Comunitaria (L.I.C) e as Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA).

Arriba