Muros ao norte, escondida ao pé do monte Louro, Noia ao leste e Porto do Son ao sur delimitan esta fermosa e tranquila ría. As orixes de Muros e Noia remóntanse á Idade Media. Ambas as dúas conservan un casco histórico que fala dun pasado señorial ligado ao mar e á pedra: casas brasonadas, rúas porticadas, igrexas e praciñas.

Dicía o escritor galego Otero Pedrayo que Noia era "a pequena Compostela".

Porto do Son, un pobo mariñeiro que mantén aínda todo o seu sabor, é unha das citas imprescindibles do verán en Galicia. Á beira, Portosín, cun moderno porto deportivo e as súas concorridas regatas.

A ría ofrece ademais innumerables praias, a maioría de area branquísima como as de Ancoradoiro, San Francisco, Aguieira, As Furnas ou Basoñas.

Hai tamén moitos restos arqueolóxicos e castros, como o fabuloso Castro de Baroña, á beira do mar e dunha marabillosa praia.

 

Arriba
Axúdanos a mellorar!