Ría de Viveiro

En pleno Cantábrico, o mar fúndese coa desembocadura do río Landro e forma a Ría de Viveiro. A ría está salpicada de preciosas calas e praias como Area ou Covas (que alcanza 1,5 km), moitas de bandeira azul. A ría é tamén moi apropiada para o submarinismo, xa que ademais dunha singular fauna e flora mariñas, na Ría de Viveiro hai máis de 30 naves afundidas, algunhas son os restos dunha terrible batalla naval durante a Guerra da Independencia.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

De orixe medieval, a cidade de Viveiro conserva un elegante casco antigo, dos máis importantes de Galicia, destacando a Porta de Carlos V, monumento nacional, e coñecida como "A Maior". Moi preto, o porto de Celeiro, especializado en pesca fresca, cunha lonxa e unha poxa que son todo un espectáculo en vivo.

E para non deixar de facer, unha visita ao bosque, ao Souto da Retorta en Chavín para admirar "O Avó" , que con 126 anos e uns 70 m de altura é o eucalipto máis grande de Europa.

 

Arriba