Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Acerca de... Galicia > Descargas e utilidades > Engadir á "Miña viaxe"

Realidade aumentada no móbil: Turismo de Galicia

Sobre o mesmo terreo, en Galicia

Atopa todos os Recursos Turísticos de Galicia dende o teu móbil.

Aloxamentos, restaurantes, artesanía, museos, oficinas de información turística, etc.

Turismo de Galicia renova a súa aplicación móbil de Realidade Aumentada, que agora denominará Turismo de Galicia. Deste xeito será mais fácil de localizar e descargar nas distintas plataformas móbiles.

O seu obxectivo é ser unha ferramenta de axuda para o turista ou viaxeiro, xa estea ou non en Galicia. Grazas a esta app, terá á súa disposición a localización e información dos recursos turísticos de Galicia: aloxamentos, restaurantes, artesanía, museos, oficinas de información turística, etc.

Para conseguir isto a aplicación móbil detecta se o viaxeiro non se encontra en Galicia e amósalle una serie de Recomendacións directas: as sete cidades mais importantes ou un buscador do concello que desexe. O resultado é a localización no mapa dos recursos que se atopan ao redor dun punto central. A partir de aquí o usuario poderá navegar e explorar o resto da cidade.

Se o viaxeiro se encontra en Galicia, o sistema permitiralle Explorar os recursos que estean preto da súa posición, calculada polo gps do móbil. Escollendo un deles obterá toda a información que Turismo de Galicia ten sobre el, que pode incluír fotografías, web de referencia, teléfono, correo electrónico, mapa co seu posicionamento e o cálculo de como chegar a él (utilizando Google Maps). Tamén ten á súa disposición un modo listaxe, que lle amosa os recursos recuperados a partir do seu posicionamento nun radio de acción predefinido.

Dende Turismo de Galicia pensamos que a funcionalidade Preto de min é un novo pulo á Realidade Aumentada. Esta consiste en que o usuario vexa sobre a pantalla do seu móbil, en modo Cámara fotográfica, os recursos nos arredores -1 km-, simplemente movéndose sobre si mesmo. A novidade é que substituímos o fondo de cámara por un mapa, deste xeito o usuario non só atopará os recursos, senón que os poderá situar nun mapa e visualizar as estradas, edificios, etc, para chegar a el. Pero o máis interesante deste modo de utilización da aplicación é dentro da cidade (con coberturga gps), de tal xeito que o usuario poderá ir camiñando polas rúas e ter información dos edificios e monumentos mais importantes que se atopan preto del, simplemente movéndose á dereita ou á esquerda tal como o faría si estivese fotografando.

A aplicación conta cun botón de configuración onde cambiar o idioma por defecto, activar o acelerómetro e unha axuda interactiva que lle explica como funciona a aplicación dun xeito tamén moi sinxelo. Xa na aplicación o botón de axustes permitiralle escoller o tipo de mapa de fondo, a distancia de referencia a partir da posición do usuario dentro da cal se amosarán os recursos e as categorías de recurso que queremos visualizar.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba