IGREXA PARROQUIAL DE SANTA UXÍA

Relixioso
1863
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)

Lugar: Santa Uxía de Ribeira

Praza Porta do Sol 5

15960  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 33' 15.9" N - 8º 59' 30.9" W

Descrición

Construída entre 1861 e 1864, é obra do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A cubrición é de bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que repousan sobre pilastras. As capelas cóbrense con bóveda de aresta. O cruceiro está rematado por unha cúpula e o presbiterio por un casquete esférico. Cara ao exterior a cuberta é a dúas augas con tella. Os muros son de cachotaría careada e a fachada de cadeirado de granito. A decoración é moi austera, concentrándose na fachada principal. Ambos os dous laterais están formados por dúas torres-campanario, sen decoración, salvo as cornixas que marcan os tres tramos e que se prolongan no corpo central da fachada. Este está formado por dous machóns laterais, con cadansúas fornelas e rematado cun frontón triangular. No entrepano central hai unha porta rectangular, lixeiramente moldurada e, sobre ela, unha ventá semicircular que ilumina o coro.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!