CRUCEIRO DE CORRILLO

Etnográfico
780
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Boiro (Santa Baia)

Rúa: Cruceiro s/n

15930  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 53.4" N - 8º 53' 14.6" W

Descrición

Realizado en granito. Posúe cruz cruciforme coas figuras de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, as mans abertas, coroa de espiñas, pano de pureza anoado cara á dereita, INRI (pergameo), e no reverso a Virxe en actitude de orar, coas mans xuntas, coroada e sobre peaña dun anxo con ás; capitel octogonal con astrágalo octogonal, liso e con volutas, reparado con pezas de ferro; fuste octogonal; base octogonal; plataforma octogonal de dous graos. Está bordeado por unhas reixas metálicas de escasa altura.

Acceso

No mesmo pobo|vila de Boiro.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!