MONTE ENXA

Áreas de recreo e miradoiros
2367

Localización

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 42' 13.1" N - 8º 59' 01.0" W

Descrición

Vistas continuas dende cabo Fisterra até Ribeira e unha fantástica perspectiva da ría de Muros e Noia. Isto ofrece o monte Enxa cos seus 539 m.

Localizado nunha contorna forestal nos montes litorais de Porto do Son, o Enxa destaca pola súa paisaxe de media montaña… pero a carón do mar. Esta dualidade outórgalle unha senlleira valía como punto de observación con vistas panorámicas que amosan a integración do sector norte da serra do Barbanza na franxa litoral da ría de Muros e Noia.

Dende o cumio, cara ao noroeste, o fermoso monte Louro parece somerxer as súas rochas graníticas nas augas do Atlántico, forte no mar aberto e pausado cara ao interior da ría.
Arriba
Axúdanos a mellorar!