Plans
21

Localización

Itinerario

Descrición:
ESTACA DE BARES E O BARQUEIRO
 
Almorzo e saída cara ao Barqueiro, un dos portos máis fermosos das Rías Altas. Recomendámosvos percorrer o acantilado de Estaca, o Semáforo de Bares (hoxe Hotel da Natureza), unha cadea de muíños (algún rehabilitado) que aproveita o desnivel do acantilado para darlle forza á auga, e un observatorio de aves. Xa para rematar, visitade o porto fenicio de Bares, coa súa praia en forma de cuncha e de augas verde esmeralda, cunha baixada espectacular ata a vila. Se desexades pasar a tarde na praia, reservámosvos mesa en Bares, pero se preferides aproveitala para efectuar unha ruta en zodiac ou en canoa e descubrir as covas de cuarzo do Vicedo (necesaria baixamar), ou as ribeiras do Sor (mellor en preamar), reservámosvos mesa no Barqueiro. O menú é o mesmo: arroz caldoso con lumbrigante. Lembrade que é imprescindible reservalo con antelación.
Etiqueta: Día 1
Descrición:
CABO ORTEGAL e PRAIA DE ORTIGUEIRA
 
A orde do itinerario dependerá da baixamar para realizar a Ruta das Algas. Dirixirédesvos a Agarimo, vila de aires mariñeiros que, deseguida, deixaredes atrás para continuar ata o Cabo Ortegal. Veredes á dereita unha pequena capela branca: é San Xiao de Trebo, e, ao final do camiño, Os Aguillóns de Cabo Ortegal, afiadas rochas onde o mar rompe con toda a súa forza. Regresaredes por Agarimo, Ponte de Mera e Ortigueira cara a Loiba. A vosa guía para a Ruta das Algas ha conducirvos por 12 km. de costa e desnivel pronunciado (ida e volta), por camiños de percebeiros e carros, para percorrer as praias de Sarridal, con Pena Furada, Fábrega, Os Castros, Gaivoteira e Picón. Con sorte, compartiredes xornada de traballo coas “algueiras” e mais os seus burros cargados de algas (entre semana e en determinadas épocas do ano) e, para rematar o día, podedes reservar mesa no Restaurante Orillamar de Espasante: un revolto de ourizos e algas, que logo da ruta, resulta aínda máis saboroso. Darémosvos as indicacións para atopardes o aloxamento seleccionado. 
Etiqueta: Día 1

Servizos

Seguro de asistencia en viaxe
IVE incluido
Non inclue:
Paseo en zodiac pola Ría do Barqueiro para 3 ou 4 persoas 18€

Ruta guiada en kayak polas Covas de Cuarzo e as Ribeiras do Sor 23€
Inclue:
1 noite en AD en calquera dos hoteis seguintes: Hotel de Natureza Miranda (Cariño), Hotel de Natureza Castaño Dormilón (Ortigueira), Casa Rural Penaquente (Espasante), Casa Rural O Vilar (Ortigueira) ou Casa Rural Muiño das Cañotas (Cariño).

Ruta das Algas guiada (3/4 horas)

Reserva de mesa nos restaurantes recomendados

Categorización

Perfil turista: [{"id":"40000300","valor":"Familia"},{"id":"40000301","valor":"Grupo"}]
Experiencias: [{"id":"40000274","valor":"Faros e Praias Salvaxes"}]
Temática: [{"id":"40000304","valor":"Actividades ao aire libre"},{"id":"40000306","valor":"Gastronomía"},{"id":"40000307","valor":"Naturaleza"}]

Multimedia

{"NOME":"http://www.turismo.gal/imaxes/mdaw/mjm3/~edisp/~extract/TURGA237479~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg","TIPOARCHIVO":"Documento","COMENTARIO":""}

Datos de reserva

Email de reserva/consulta: info@dmcgalicia.es
Url de reserva: http://www.dmcgalicia.es

Información Xenérica

Prezo: 49
Duración: 2
Entrada: Paquete de dous días para percorrer, entre Cabo Ortegal e Estaca de Bares, a amable costa da Ría de Ortigueira e a súa salvaxe costa de Loiba, famosa polos seus cantís con vistas a Cabo Ortegal e chea de secretos como a Pena Furada ou as algueras.
Nome: Ata Bares non te pares

Condicións específcas

Condicións específcas:
Hotel Cabo Ortegal
    -Tempada Baixa 49€
    -Tempada Alta 60€

HN A Miranda 
    - Tempada  Baixa 68€
    - Tempada Alta 79€

HN Castaño Dormilón
    - Tempada Baixa 65€
    - Tempada Alta 72€

CR Penaquente 
    - Tempada Baixa 62€
    - Tempada Alta 69€

CR O Vilar
    - Tempada Baixa 56€
    - Tempada Alta 63€

CR Muiño das Cañotas 
    - Tempada Baixa 54€
    - Tempada Alta 60€

Recurso

Recurso: 1047728
Última actualización: 14/07/2016
Arriba