Plans
121

Localización

Información Xenérica

Prezo: 99
Duración: 3
Descrición:
Entrada: Paquete de fin de semana para gozar dos acantilados e postas de sol entre Cabo Ortegal e Estaca de Bares. Para isto, con aloxamento estratéxico a poucos metros do apeadeiro de Cerdido, subiremos o tren e sentarémonos no "mellor banco do mundo".
Nome: En tren polo Norte do Norte

Itinerario

Descrición:
O BARQUEIRO e ESTACA DE BARES

Tras o almorzo, tomaredes o tren ao Barqueiro. Desde o apeadoiro, baixaredes ata o porto onde se inicia a actividade incluída: os máis tranquilos gozarán dun paseo en zodiac e os máis aventureiros e preparados farán a ruta guiada en kayac (2 horas). En marea alta, navegaredes polas estreitas canles cheas de vexetación das ribeiras do Sor e, en marea baixa, visitaredes as praias e grutas de cuarzo do Vicedo, aínda que tamén se pode facer un paseo ata a praia e o porto pesqueiro de Bares polas cristalinas augas do Cantábrico, ao abeiro do cabo de Estaca de Bares. Como recompensa, podedes degustar un exquisito arroz con lumbrigante nun dos restaurantes do porto do Barqueiro; lembrade, sempre con reserva previa. Regreso ao hotel en tren (40 min.) en dous posibles horarios. Info. Horario do FEVE previsto: Cerdido 11.18 – O Barqueiro 11.59, O Barqueiro 16.10, ou 19.41 – Cerdido 16.53 ou 20.24 h.
Etiqueta: Día 3
Descrición:
PRAIAS DE ORTIGUEIRA E CABO ORTEGAL

Almorzo completo e caseiro. Colleredes o tren en dirección a Ortigueira e gozaredes do tramo máis bonito de todo o percorrido pasando Mera: o tren parece que navega, pois en marea alta as vías están case ao nivel do mar. En Ortigueira podedes visitar, ademais da súa zona vella, o porto —onde é posible ver lontras— e dar un paseo ata a praia salvaxe de Morouzos (5 km ida e volta). Podedes esperar o tren en Ortigueira ou coller un taxi ata o Porto de Espasante (8 km), e deste xeito coñeceredes outro atractivo porto mariñeiro, famoso polas mariscadas que alí se saborean nos restaurantes con vistas ao mar. Imprescindible reservar mesa en temporada alta. A nosa ruta continúa pola tarde ata o apeadoiro de Loiba, onde a nosa guía vos estará agardando para que fagades unha ruta polos cantís de Loiba: iredes ao “mellor banco do mundo” con vistas aos “aguillóns” de Cabo Ortegal —os illotes con afiadas rochas que rematan o cabo— e tamén albiscaredes un diminuto embarcadoiro, entre altos e penedosos cantís, que dá fe da dureza do traballo no mar. A ruta ida e volta é de 6 km con dificultade media (3 horas). Regreso ao hotel en tren. Aloxamento. Info. Horario do FEVE previsto: Cerdido 11.18 – Ortigueira 11.41, Ortigueira 16.31; ou Espasante 16.36 – Loiba 16.43, Loiba 19.47 – Cerdido 20.24 h.
Etiqueta: Día 2
Descrición:
CERDIDO e VAL DO RIO MERA
 
Chegada ao aloxamento en Cerdido. Poderedes gozar da piscina climatizada ou, se tedes algo máis de tempo, dar un bonito paseo dacabalo no Val do río Mera. A 10 minutos en tren desde o Hotel, atópase a Granxa do Souto; guías expertos han levarvos pola ribeira do río Mera (90 min). Regreso ao hotel, onde podedes cear á carta e relaxarvos no aloxamento. Info horario do FEVE previsto: Cerdido 16.06 – Ponte Mera 16.21 e Ponte Mera 20.08 - Cerdido 20.24 h. 
Etiqueta: Día 1

Servizos

Seguro de asistencia en viaxe
IVE incluido
Non inclue: Ruta guiada a cabalo polo Val do Río Mera (90 min), un monitor cada 2 - 3 persoas 35€
Inclue:
Dúas noites en AD.

Información sobre horarios e rutas a efectuar en FEVE.

Unha ruta guiada a pé polos acantilados de Loiba ata  "o mellor banco do mundo".

Unha ruta guiada en zodiac ou kayak na Ría de Barqueiro.

Categorización

Perfil turista: [{"id":"40000300","valor":"Familia"},{"id":"40000301","valor":"Grupo"}]
Experiencias: [{"id":"40000274","valor":"Faros e Praias Salvaxes"}]
Temática: [{"id":"40000304","valor":"Actividades ao aire libre"},{"id":"40000307","valor":"Naturaleza"}]

Multimedia

{"NOME":"http://www.turismo.gal/imaxes/mdaw/mjm3/~edisp/~extract/TURGA237480~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg","TIPOARCHIVO":"Imaxe","COMENTARIO":""}

Datos de reserva

Email de reserva/consulta: info@dmcgalicia.es
Url de reserva: http://www.dmcgalicia.es

Condicións específcas

Condicións específcas:
 HN  via lactea
- Tempada Baixa 99€
- Tempada Alta 119€

Nenos 2 a 12 anos compartindo con 2 adultos
- Tempada Baixa 89€
- Tempada Alta 95€

Recurso

Recurso: 1047728
Última actualización: 14/07/2016
Arriba