Plans
28

Localización

Itinerario

Descrición:
PORTO DO CABO (15 KM) / SISALDE (12,5 KM)- SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO 
 
Almorzo caseiro abundante. Continuaremos o camiño onde o deixamos o día anterior e ímonos introducindo nun ascenso case continuado pola Serra da Capelada. As vistas, agora da ría de Cedeira, volven ser a recompensa de tanto esforzo. En Reboredo atoparemos a emblemática e fermosa ermida de San Roque e, nas súas proximidades, unha fonte de auga fresca e un merendeiro baixo a sombra dos castiñeiros. Estamos na auténtica porta de entrada á paisaxe agreste da Serra da Capelada e, a partir de agora, veremos cabalos salvaxes que esperan o seu curro o último domingo de xullo na “Rapa das Bestas do Curro da Capelada”. Chegaremos ao Miradoiro e ao Cruceiro do Cristo dos Carrís. Por fin comezaremos a ver os milladoiros e deixaremos testemuño da nosa romaría no que máis nos guste. A partir deste punto tan só quedan 2 km de baixada, e axiña habemos atopar outro miradoiro en Chao do Monte, que é onde se une o noso camiño co que vén de Cedeira. Dispón de área de descanso con mesas. Continuamos o pronunciado descenso, algo dificultoso con chan mollado, cara á pequena aldea que xa enxergamos, construída arredor da ermida de Santo André. O Santuario de Santo André é de estilo gótico-barroco e sufriu varias reformas desde a súa construción. Poderemos sentir a devoción ao santo nos exvotos depositados ante o altar e, se desexamos facer o mesmo, ao saír da Ermida continuaremos cara aos cantís e ata a fonte dos 3 canos. Conta a lenda que se botamos unha faragulla de pan e esta aboia, teremos boa sorte e o noso desexo se cumprirá. Teremos tempo libre para gozar do momento e do lugar, tomar uns percebes nunha taberna da aldea e, a media tarde, un taxi ha vir recollernos para o regreso a Narón (1h) ou ao aloxamento seleccionado, pois podedes ampliar a estancia en calquera das casas e percorrer a Costa Ártabra de Ferrol a Cedeira, coas súas praias de fina e branca area, cantís, faros e miradoiros, sen esquecernos da saborosa gastronomía atlántica.
Etiqueta: Día 2
Descrición:
MOSTEIRO DO COUTO-PORTO DO CABO (24 km) / SISALDE (26,5 km) 

Por se necesitades ou preferides facer noite previa nas proximidades do lugar onde comeza a etapa, ofrecémosvos de maneira opcional o aloxamento en Narón a 3 km do Mosteiro do Couto. Poderedes, así, deixar o coche no aparcadoiro do hotel. Saída á primeira hora da mañá do Mosteiro do Couto, xoia do románico galego e punto emblemático do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Acompañados pola nosa guía, experta en camiños e natureza, empezamos o camiño ao pé da ría: pasaremos polo Muíño de Aceas, polo Pazo Libunca (hoxe reconvertido en hotel) e iremos avanzando con fortes pendentes que nos recompensan con vistas espectaculares á praia salvaxe da Frouxeira, en Valdoviño, fontes con lendas, mámoas e mesmo algunha igrexa abandonada como a de San Pedro de Loira. Na Capela da Fame, faremos unha parada para tomar un respiro e recuperar forzas, como facían os romeus desde a súa construción no s. XVI. Retomamos a romaría ata Porto do Cabo, punto de encontro dos romeus de distintos lugares e que hoxe conserva un interesante conxunto arquitectónico formado pola Casa da Bastona (antigo albergue do s. XVI), a ponte medieval e os muíños fluviais. Estamos no final da etapa se nos aloxamos na Casa Rural do Morcego, ou continuaremos 2,5 km máis ata Sisalde se escollemos a outra alternativa, a Casa Rural A Pasada. Cea e aloxamento.
Etiqueta: Día 1

Servizos

Seguro de asistencia en viaxe
IVE incluido
Non inclue:
Casa Rural A Pasada
   - Noite extra en AD 28€
   - NOIte extra en MP 40€

CR do Morcego
    - Noite extra en AD 33€
    - Noite extra en MP 50€

Noite extra opcional en Hotel Husa Odeón 4* en Narón, en réxime de aloxamento e almorzo con parking gratis 2 días 30€
 
Inclue:
Unna noite en réxime de media pensión

Servizo de guia experto en camiños e natureza durante dous dias

Servicio de taxi para 4 persoas para o regreso de San Andrés de Teixido a Narón ou aloxamento

Categorización

Perfil turista: [{"id":"40000300","valor":"Familia"},{"id":"40000301","valor":"Grupo"}]
Experiencias: [{"id":"40000276","valor":"Santuarios Máxicos"}]
Temática: [{"id":"40000304","valor":"Actividades ao aire libre"},{"id":"40000302","valor":"Arte e cultura"},{"id":"40000307","valor":"Naturaleza"}]

Multimedia

{"NOME":"http://www.turismo.gal/imaxes/mdaw/mjm3/~edisp/~extract/TURGA237484~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg","TIPOARCHIVO":"Imaxe","COMENTARIO":""}

Datos de reserva

Email de reserva/consulta: info@dmcgalicia.es
Url de reserva: http://www.dmcgalicia.es

Información Xenérica

Prezo: 95
Duración: 2
Entrada: Paquete de dous días para sentirse como un romeiro a San Andrés de Teixido. Faredes o percorrido acompañados por unha guía xa que, a pesar de estar sinalizado, non queremos que vos perdades as lendas e historias destas terras ou que vos olvidedes deixar a vosa pegada nos "milladoiros".
Nome: De Romeria a San Andrés

Condicións específcas

Condicións específcas:
CR A Pasada (inclúe aluguer de bicicletas) 95€

CR do Morcego (inclúe unha sesion de hidrojet) 112€

Recurso

Recurso: 1047728
Última actualización: 14/07/2016
Arriba