XUBIA-CASTRO

Espazos naturais
No Camiño de Santiago
348
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000

Localización

A Coruña

A Capela | As Pontes de García Rodríguez | As Somozas | Moeche | Narón | Neda | San Sadurniño

Coordenadas:
43º 29' 37.6" N - 8º 04' 15.6" W

Descrición

Esta zona protexida abrangue dous espazos naturais diferentes. Por unha banda, o treito do Río Grande de Xuvia co seu afluente o Castro; por outra, a serra de Forgoselo.
A antiga fábrica e muíño de fariñas de Ponte Xuvia sinala a punto da desembocadura no fondo da ría de Ferrol, entre os concellos de Narón e Neda. No seu breve curso fluvial atravesa húmidos vales como o de Moeche, que conta cun famoso castelo restaurado, e San Sadurniño onde a cor verde triúnfa na paisaxe. Recibe tamén a achega do río Castro, que reflicte o outeiro da torre de Naraío.
A serra do Forgoselo destaca polas súas formas suavemente onduladas que roldan os 500 metros de altitude. A orografía e as abundantes chuvias son favorables para a formación de áreas húmidas e vexetación asociada de moito interese como a coñecida como Veiga das Lagoas.

Acceso

Desvíos cara ao río en Naraío ou Moeche na estrada entre Neda e San Sadurniño.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Situación

Concellos da Capela, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña.

Superficie

1.985,91 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nas proximidades.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba