CRUZUL-AGÜEIRA

Espazos naturais
1998

Localización

Lugo

As Nogais | Becerreá

Coordenadas:
42º 49' 59.6" N - 7º 07' 46.4" W

Descrición

O outono descobre por contraste a presenza das perennes aciñeiras rodeadas de especies caducifolias. É un dos momentos estelares do bosque maduro que acompaña o conca alta do río Navia, entre Doncos e Becerreá, con algúns dos seus afluentes. A beleza do lugar non necesita aviso mesmo para os viaxeiros que circulan rápidos pola autovía que cruza este espazo natural.
En Agüeira atravesamos un excelente souto de cas;ñeiros con tendencia a converterse en bosque mixto de carballos nas cotas altas. E xa nas proximidades de Cruzul, próximo a Becerreá, acharemos o estraño caso do aciñeiral mediterráneo encravado aquí no dominio atlántico, nunha zona de montaña. A súa presenza está asociada ao substrato rochoso calcario nunhas zonas concretas do val.
Nalgúns treitos as rutas de sendeirismo seguen o trazado das vellas corredoiras cargadas tamén de significado histórico. É o caso, por exemplo, da ponte do río Cruzul, escenario de acontecementos bélicos ocorridos hai douscentos anos, na Guerra da Independencia.

Acceso

Pola A-6 ou pola N-VI ata Becerreá.

Situación

Nos Ancares lucenses, concellos de Becerreá e As Nogais.

Superficie

618,46 ha.

Servizos

Aloxamento e comer nas proximidades.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!