PR-G170 RUTA DA PEDRA E DA AUGA

Sendeirismo
1076

Localización

Pontevedra

Meis | Ribadumia

Coordenadas:
42º 27' 51.4" N - 8º 44' 33.0" W
42º 29' 35.2" N - 8º 46' 26.9" W

Descrición

Interese naturalista / Interese etnográfico

Un dos catro sendeiros da rede Rutas do Salnés, no corazón das Rías Baixas. É unha antiga verea que daba servizo aos muíños e tamén era utilizada  polos romeiros o luns de Pascua para chegar ata o mosteiro de Santa María da Armenteira.
   
Neste curto sendeiro visitaremos máis de 30 muíños, moitos deles de incrible factura.  Comeza no municipio de Meis e descende por un estreito sendeiro  paralelo ao río Armenteira, no que atoparemos algún paso dificultoso. Este primeiro tramo acumula maior desnivel e por esa razón  encontraremos maior numero de muíños, todos identificados polo seu nome.

No muíño do Souto poderemos contemplar ademais unha pouco frecuente serra de auga.

A medida que avanzamos a pendente suavízase, despois da área recreativa seguimos por un confortable paseo xunto ao río, xa no municipio de Ribadumia.

Moi agradable para facer en familia e unha escapada para os veraneantes da zona en días nubrados.

Acceso

A Armenteira, unha aldea moi coñecida polo seu mosteiro con saída directa dende a AG-41.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Concello de Meis
Tel: 986 712 001
www.meis.es

Concello de Ribadumia
Tel.: 986 710 304
www.ribadumia.org

Deputación de Pontevedra
Tel.: 986 804 100
www.pousadas.depo.es

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

185-I Meaño.

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Non apto

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Rotonda VG-4.2 (Concello de Ribadumia). UTM 29T X:518566 Y:4704559
Punto de partida: A Armenteira (Concello de Meis). UTM 29T X:521164 Y:4701362

Percorrido

A Armenteira, Muíños  do Concello de Meis, Serradoiro do Souto, Aldea Labrega, Área recreativa dos Muíños de Meis, Muíños do Concello de Ribadumia, Rotonda VG-4.2.

Servizos

En A Armenteira.

Perfil altitudinal

Perfil de elevación do sendeiro

Dificultade

Baixa

Lonxitude

6.5

Duración

2

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Última actualización: 05/06/2017
Arriba