IGREXA DE SAN XIÁN DE LENDO

Relixioso
876

Localización

Parroquia: Lendo (San Xián)

Lugar: O Grixario

A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 38.1" N - 8º 36' 16.5" W

Descrición

Trátase dunha típica igrexa rural do século XIX, de sinxela construción, que combina os estilos barroco e románico.
Chaman a atención no interior os retablos do altar maior e do muro meridional da nave. Ambos posúen elementos neoclásicos e presentan unha policromía que semella mármore. No exterior destaca unha porta selada, situada no alzado lateral esquerdo, que posúe un detallado debuxo. Sobre ela sitúanse uns canzorros de pedra, o que podería indicar que a construción é dunha data anterior ou que houbo un aproveitamento dos materiais dalgunha outra edificación. Precisamente un deses canzorros representa a cabeza dun elefante, rarísimo elemento iconográfico no románico galego.
No interior destacan as cruces templarias nas paredes de pedra.

Acceso

1º Desde a rotonda saída 22 A Laracha da AG55. AC552 dirección parque empresarial pola estrada municipal durante 1500 m.
2º Desde o núcleo urbano de A Laracha pola avenida de Caión e estrada DP1913 durante 3 km. Desvío á dereita pola estrada local a 1 km.
Arriba
Axúdanos a mellorar!