IGREXA DO DIVINO SALVADOR DE TARAGOÑA

Relixioso
32

Localización

Parroquia: Taragoña (San Salvador)

Lugar: A Igrexa

15985  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 24.2" N - 8º 49' 42.2" W

Descrición

Trátase da igrexa parroquial máis recente do Concello, mais non se coñece o ano de construción. A disposición é en planta rectangular cunha pequena capela a cada lado. En 1863 reconstrúese a fachada e en 1865 engádeselle a torre-campanario, mentres que as remodelacións internas máis recentes realizáronse xa no século XXI. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. No lugar do Pazo colleremos un desvío á esquerda para seguir pola DP-7203, que nos leva a Taragoña. Alí viraremos á esquerda pola AC-305 e a uns 500 m xiramos de novo á esquerda en dirección á igrexa de Taragoña, que atoparemos a uns 200 m. 

Accesibilidade

Andando, en coche, en autobús ou en embarcación de pouco calado ata o pequeno porto de Taragoña.
Última actualización: 05/09/2017
Arriba