CAPELA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Relixioso
16

Localización

Parroquia: Arnado (San Clemente)

Lugar: Arnado

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 29.0" N - 7º 01' 47.3" W

Descrición

Construción do século XIX, de planta rectangular con muros de cachotería recebados con morteiro de cemento, deixando á vista pedras salteadas. Fronte con porta de acceso con arco alintelado e por diante, decorándoa, arco de medio punto, e por riba gran ventá con arco de medio punto. Remate de cuberta en fronte con sinxela cruz á que lle falta un brazo. A igrexa sitúase nunha contorna rural e, próxima a ela, no mesmo núcleo de Arnado temos dous exemplos catalogados de arquitectura civil, o pazo de Arnado e a casa do Pazo, ademais da igrexa de San Xoán, edificio catalogado de arquitectura relixiosa.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola estrada a Arnado, á beira do Sil, e cruzamos ao outro lado por unha ponte. Tomamos o desvío á esquerda e continuamos pola estrada que nos conduce ata o núcleo de Arnado. 

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 20/10/2017
Arriba