IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE CALO

Relixioso
637

Localización

Parroquia: Calo (San Xoán)

Lugar: Calo

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 09.3" N - 9º 02' 52.0" W

Descrición

Malia a súa orixe románica, moi pouco se aprecia desta época, sendo enormemente reformada a igrexa no século XVIII. A fachada constitúe a parte máis interesante do templo. Placas, róleos, pilastras e outros motivos decórana ao xeito barroco.
Atópase tamén neste templo a escultura funeraria do crego Rodrigo Thomás (finais do século XVI), párroco da igrexa de Santa Baia de Tines e natural de Calo. El foi o fundador da capela lateral de san Tomé.
Como mostra de quen pagou a igrexa, no exterior da ábsida pódese ver un escudo de armas presentado por unha serea. Nos cuarteis distínguense os símbolos da familia Losada (tres lagartos baixo unha lousa de pedra), os Calo (oito aspas), os Castro (seis círculos) e dos Moscoso de Altamira (a cabeza de lobo).

Acceso

Desde o centro de Vimianzo viaxar dirección a Camariñas. A uns 4 km chégase ao lugar de Calo. Débese xirar á dereita para entrar no lugar e chegar á igrexa.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!