FONTE TERMAL DE O TINTEIRO

Etnográfico
No Camiño de Santiago
603

Localización

Paseo do Tinteiro

32001  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 51.0" N - 7º 52' 42.9" W

Descrición

Manancial nas beiras do Miño moi querido e visitado na cidade, a cuxas augas termais a tradición atribúe importante propiedades terapéuticas, especialmente no coidado das afeccións da pel.
A fonte atópase nun miradoiro construído en madeira sobre o leito do río, con magníficas vistas da contorna e ao que se accede por unha senda peonil que comeza na próxima A Chavasqueira, que se atopa a 500 metros.
As augas desta fonte termal son bicarbonatadas, sódicas, fluoradas e de mineralización débil, manando a unha temperatura de 43º C.

Acceso

Seguir as indicacións das Termas da Chavasqueira. Chegadas a estas, tomar o Paseo do Tinteiro.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Máis información

Última actualización: 20/07/2018
Arriba