MONTE CAXADO

Áreas de recreo e miradoiros
1661

Localización

As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 46.7" N - 7º 49' 19.4" W

Descrición

A serra da Faladoira ten no monte Caxado o seu teito con 752 metros de altitude sendo tamén un dos puntos máis altos da provincia da Coruña.

O Caxado é un lugar de amplas vistas de 360 grados sobre as pequenas serras e montes desta contorna, como a Coriscada, Bustelo ou a gran serra do Xistral ao lonxe. Nos días despexados chégase a alcanzar coa vista a costa norte de Galicia.

As paisaxes de media montaña esténdense onduladas polos redondeados cumios das serras até onde alcanza a vista. O colorista ton das matogueiras e os piñeiros que medran a pesar dos invernos fríos matizan a escena e contrastan coa singular estación de radar e comunicacións que coroa o monte Caxado.
Arriba
Axúdanos a mellorar!