IGREXA DE SAN CIBRAO DE BRIBES

Relixioso
21

Localización

Parroquia: Bribes (San Cibrán)

Lugar: A Ribeiriña 21

15659  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 34.2" N - 8º 18' 21.6" W

Descrición

A igrexa parroquial presenta planta rectangular sen diferenciación nítida da ábsida. Foi reconstruída no século XVIII segundo consta nunha inscrición conservada na fachada. No interior gárdase un sagrario que procede da capela do Socorro de San Martiño Pinario: é de madeira policromada, recuberto de pan de ouro. Nel hai tallados numerosos angelotes e outras figuras que se adscriben á escultura barroca. Do mosteiro queda a casa reitoral de planta rectangular que está rodeada dun poderoso muro de mampostería no que se abre un fermoso portalón en cuxo tímpano debúxase o escudo de San Martiño Pinario. Neste muro ábrense varios vans a modo de saetas ou aspilleras enmarcadas por pedras de granito.

Acceso

Dende Cambre tomas a estrada AC-214. A 80 metros, xira á dereita dirección Brexo-Lema pola estrada DP-1704. A 2.2 km xirar á esquerda pola DP-0102. A 1.6 km xirar á esquerda dirección Ribeiriña e a uns 100 metros está a igrexa.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Benedictinos
Última actualización: 14/02/2018
Arriba