CASA DE BOLAÑO

Civil
440
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Devesa (Santalla)

Lugar: A Rochela

Estrada N-634

27795  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 55.0" N - 7º 08' 46.3" W

Descrición

Estamos ante unha sinxela casa labrega de 1830, enriquecida con algúns elementos ornamentais en busca dun aire de distinción. Esta casa reforza o seu carácter indiano pola decoración da súa fachada principal enriquecida con molduras sobre as ventás e cunha cornixa a modo de enmarque, así como pola presenza do característico balcón presidencial, que orixinalmente estaba pechado cunha galería. No seu xardín podemos observar a presenza da distintiva palmeira.
Forma parte da Ruta dos Indianos polas parroquias.

Acceso

Partindo de Ribadeo cara á Coruña pola estrada nacional 634, a uns 7Km da vila, no lugar de A Rochela, á man dereita atoparemos esta edificación.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!