CASA DE ANTONIO CASTRO

Civil
521

Localización

Parroquia: Congostro (Santa Mariña)

Lugar: Congostro

32652  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 02' 43.6" N - 7º 52' 36.9" W

Descrición

Vivenda unifamiliar de grandes dimensións e planta cadrada que presenta un total de dúas alturas e cuberta a catro augas. As súas catro fachadas presentan pequenas xanelas equidistantes situadas no andar residencial, reservando para a planta terrea pequenos xanelos verticais de derrame externo que ofrecen ventilación e luz natural á adega e a corte.
A vivenda dispón dunha vistosa solaina á que se accede por medio dunha escaleira exterior de dobre tramo realizada, ao igual que o resto da edificación, en perpiaño granítico de óptima calidade. Entre os elementos que constitúen a súa fachada principal destacan os xanelos que coroan as ventás e portasdaire, pero nomeadamente o balcón voado sustentado sobre canzorros en forma de modillón de rolos que se pretende situar no eixo da composición. Tamén os maceteiros labrados en pedra que flanquean o balcón principal.
Arredor do patio lousado de pequenas dimensións que se dispón xusto no contorno da casa, dispóñense un canastro mixto de tres claros, unha palleira, fonte, etc... conectando directamente coa horta.

Acceso

Congostro dista 7,6 km. do núcleo de Rairiz de Veiga, pola estrada de Santa Baia.
Arriba
Axúdanos a mellorar!