CASTELO DE CERVEIRA

Civil
867
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pradoalbar (Santo André)

Lugar: Pradoalbar

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 25.1" N - 7º 18' 31.5" W

Descrición

O coñecido como Castelo de Cerveira está situado na serra no macizo central Ourensá. É un curuto illado no medio dunha alta serra. A súa orixe non está ben definida, a que máis se aproxima é a de unha fortificación romana, pola forma da súa construción e lonxitude da muralla. Os restos da muralla, construída por rochas de lousa, está ben conservada nalgúns tramos. Dentro da muralla pódense atopar vestixios de restos de cabanas e habitáculos construídas con o mesmo tipo de rocha.

Acceso

O acceso é a través dun camiño, non en moi bo estado, que sae do pobo de pradoalvar cara a serra, ao chegar a un punto o camiño desaparece e hai que continuar o traxecto montaña arriba, camiñando por un sendeiro, limpo neste intre.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!