CRUCEIRO DO CEMITERIO DE QUIÓN

Etnográfico
780

Localización

Parroquia: San Fiz de Quión (San Fiz)

Lugar: San Fiz

15824  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 37.6" N - 8º 17' 03.4" W

Descrición

Realizado en granito. Cruz de sección circular, leñosa e con nós, ten as imaxes de Cristo crucificado no anverso e Santo Agustín no reverso; capitel de forma cuadrangular con astrágalo cuadrangular liso, ábaco de lados rectos, volutas e follas de acanto; fuste de sección octogonal que remata cadrado e pedestal cuadrangular rematado con cuarto bocel inverso que se apoia sobre unha plataforma cuadrangular dun chanzo con voo.

Acceso

En automóbil son 4,6 quilómetros, uns 5 minutos saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, tomar a AC-240 dirección Burres ata o cruce da Ponte Nova onde se xira a man dereita dirección Santa Irene pola CP 0605 onde imos atopar a igrexa de San Fiz de Quión a man dereita. Un pouco máis adiante atoparemos o cemiterio a man esquerda que é onde se atopa o recurso.
A pé son 4, 1 quilómetros, uns 56 minutos. Hai que continuar a AC-240 dirección Norte pasando polos lugares de Barral, Santaia e Bentín. Neste último xirar a esquerda e continuar por una pista que levaranos ao lugar de Rozas e alí xirar a dereita e continuar ata a intersección coa DP 0605 onde teremos que xirar a esquerda para atopar o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!