PAZO DE GOIÁNS

Civil
3874
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lampón (Santiago)

Lugar: Goiáns

15930  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 40.9" N - 8º 54' 00E-" W

Descrición

Do século XVI, o pazo de Goiáns remodelouse en 1760. Non está descartado que a Torre fora destruída nas Revoltas Irmandiñas. A Torre, posiblemente, sexa da metade do século XVIII.
De planta en L, con ventanas oxivales e un coronamento civil, xa que a torre remata en balaustrada e non en almenas.
Fandiños e Mariños son os fundadores de Goiáns, de cuxo topónimo tomaron logo apelido.
O pazo consta de vivenda principal, capela, pombal, lagar, embarcadoiro e pesqueira.
A capela actual non é a primeira que se fixo (s. XIX); a primeira data de 1637.
Goiáns é o principal pazo do Barbanza, xunto co pazo de Xunqueiras. É de propiedade municipal e, actualmente, unicamente é visitable o Día das Letras.

Acceso

Dende Boiro, tómase a AC-305 en dirección a Ribeira. A menos de dous km está este pazo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!