IGREXA DE SAN PEDRO DE FEÁS

Relixioso
226

Localización

Parroquia: Feás (San Pedro)

Lugar: A Fonte 5

15317  Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 45.6" N - 8º 04' 55.7" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, de estilo predominantemente barroco. Dispón dunha planta rectangular cunha soa nave, ábsida rectangular e sancristía detrás do altar. En altura a ábsida e a sancristía son máis baixos que a nave. Posúe dúas entradas: a da fachada principal e a do muro lateral. A cuberta é a dúas augas na nave e a tres augas na ábsida, con tella curva. A luz entra a través do van da fachada principal, tres ocos no muro lateral e unha seteira no muro posterior. Os muros son de pedra granítica, recebada, agás na fachada principal, onde se deixa a pedra á vista, ao igual que nos esquinales e ocos de vans. Na fachada principal destaca a espadaña.

Acceso

Dende N-VI en Coirós dirección Aranga no lugar de Fonte.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Estilos

Barroco
Última actualización: 25/10/2018
Arriba