CASA DE O CABIDO DE SAN XOÁN DE CABANELAS

Civil
890

Localización

Parroquia: Cabanelas (San Xoán)

Lugar: Cabanelas

32516  O Carballiño - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 51.0" N - 8º 08' 01.3" W

Descrición

Edificio de planta rectangular rodeado de varios patios. Na fachada principal hai unha solaina pequena sobre un muro macizo. Esta fachada presenta dous niveis que se van reducindo debido ao desnivel do terreo. Cheminea de tres corpos separada por impostas. O corpo máis baixo é de sección transversal trapezoidal. Esta casa pertenceu á familia Quiroga.
Arriba
Axúdanos a mellorar!