IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE CARNOEDO

Relixioso
1366

Localización

Parroquia: Carnoedo (Santo André)

Lugar: A Pedreira

15169  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 30.0" N - 8º 15' 54.0" W

Descrición

Pequena igrexa de tipoloxía moi simple, sen estilo definido, do século XIX. Presenta unha planta rectangular, cunha única nave. No seu interior, aos pés da nave, hai un coro alto. Sobre a porta de entrada atópase unha placa onde figura a data da súa construción, así como o nome da persoa que a mandou construír. Sobresae unha espadana dobre rematada en frontón e decorada con pináculos. Os seus muros están recebados e pintados de branco, deixando a pedra á vista para os esquinais e enmarcados dos ocos. Edificio simple e austero, sen ningún tipo de decoración exterior. A igrexa atópase situada na beira da ría, sendo precisamente esta localización o aspecto máis singular desta.

Acceso

Dende Sada, tomar a AC-163 durante 3 km aproximadamente, despois tomar desviación a dereita onde hai unha sinal que pon Carnoedo, a 1 km atopará a igrexa. 

Estilos

Rexionalista
Arriba
Axúdanos a mellorar!