CAPELA DE SAN BIEITO

Relixioso
1104

Localización

Parroquia: San Pedro de Muro (San Pedro)

Lugar: Seráns

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 36' 24.0" N - 9º 02' 58.9" W

Descrición

Esta capela, popularmente chamada igrexa de San Benito, ten planta rectangular cunha única nave e muros de cantería de granito nos que descarga a cuberta de bóveda de canón. A capela maior, na cabeceira, é algo máis estreita que a nave e tamén ten cuberta de bóveda de canón. Accédese a ela por debaixo dun arco de medio punto. Engadida a continuación está a sancristía que só destaca do resto por ter menor altura e ancho. O exterior destaca pola súa grande sinxeleza volumétrica e ornamental. A cuberta é de tella a dúas augas e no vértice da súa fachada destaca a espadana de dous arcos de medio punto e coroada con pináculos. Outro elemento a destacar é o frontón lobulado situado no muro lateral da sancristía.
Arriba
Axúdanos a mellorar!