IGREXA DE SANTIAGO DE ADRAGONTE

Relixioso
1160
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Adragonte (Santiago)

Lugar: A Igrexa

15314  Paderne - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 24.0" N - 8º 08' 44.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural moi difundida pola bisbarra. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave. A construción é sinxela, concentrando a decoración na fachada principal, no eixe vertical central da cal se superpoñen unha porta de entrada, unha ventá e, rompendo a cornixa, unha espadaña de dous corpos, o primeiro con tres machóns e campás, o segundo ornamental rematado en pináculos. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!