EDIFICIO DO ASILO DOLORES DÍAZ DAVILA

Civil
851

Localización

Parroquia: Luama (San Martiño)

Lugar: Miñaño

15338  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 22.0" N - 7º 51' 16.9" W

Descrición

Edificio de estilo colonial de principios do século XX (1929), propio da arquitectura indiana con fins humanitarios. O asilo foi construído por iniciativa dun emigrante enriquecido en América, Eusebio Dávila, que, retornado á súa terra natal, decidiu subvencionar todos os custos arquitectónicos, de mobiliario e instrumental médico, para posteriormente doalo ao concello de Ortigueira. Na súa planta rectangular desenvólvense varios corpos diferenciados. A fachada principal divídese nun corpo central, con dúas alturas, e dous pavillóns laterais, cunha soa altura. Destaca a dobre escalinata pola cal se accede ao corpo central. O edificio atópase rodeado de fermosos xardíns. Situado no paseo de Miñano, dende el divísanse magníficas panorámicas da vila de Santa Marta Ortigueira e da súa ría.

Acceso

Dende Ortigueira, atravesar a vila pola avenida Xeneral Franco, á altura dunha grande casa con palmeiras, xirar á dereita ata a alameda, aquí seguir polo paseo do Barro Soto, que bordeando a ría conduce a pouca distancia ao asilo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!