IGREXA DE SAN ROMÁN DE MONTOXO

Relixioso
1075

Localización

Parroquia: San Román de Montoxo (San Román)

Lugar: Arón

15359  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 38' 47.0" N - 7º 59' 51.0" W

Descrición

Igrexa sen estilo definido construída no século XX. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave dividida en catro tramos e rematada nunha ábsida rectangular. Interiormente a nave cóbrese cunha bóveda de canón apuntado, que se apoia sobre arcos faixóns. Aos pés da nave sitúase un coro alto. Exteriormente a escasa decoración concéntrase na fachada principal, dividida en tres panos, remarcando o central cunha torre campanario que remata nunha pequena cúpula. Nun dos laterais do edificio engade un pórtico de recente construción.

Acceso

Dende Cedeira tomar a AC-566 en dirección cara Ortigueira, pasar Piñeiro, A Trabe, Viciñeira, despois tomar a desviación á dereita cara a San Román e a pouca distancia atópase a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!