CASA NA AVENIDA EZEQUIEL LÓPEZ 25

Civil
791

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

Avenida Ezequiel López 25

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 37.0" N - 8º 03' 23.0" W

Descrición

Edificio construído no século XX (1926). Posúe unha fachada lateral e dúas frontáis, planta baixa, dúas alturas e un ático. Presenta unha fachada que dá á avenida e outra ao río Condominas. Ambas as dúas mostran un esquema similar. Na parte baixa aparecen portas separadas por un muro almofadado. No primeiro piso destaca unha galería interrompida por dous balcóns, que coinciden co ritmo das portas inferiores. No segundo piso sobresae unha galería corrida. No ático, retraído respecto ao resto do edificio, ábrense unhas pequenas ventás. O ático aparece rematado por unha cuberta a dúas augas que marca a forma triangular da fachada lateral. A complexidade estructural do conxunto, no que se combinan o cemento e a madeira, proporciónalle, ademais de beleza, unha sensación de continuidade e uniformidade.

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!