IGREXA DE SANTA MARÍA DE OIS

Relixioso
1629

Localización

Parroquia: Santa María de Ois (Santa María)

Lugar: Os Loureiros

15316  Coirós - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 04.9" N - 8º 07' 17.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico do século XII (1183), de tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior o tránsito entre o presbiterio e a nave realízase a través dun arco triunfal apuntado. O templo só ten bóveda na ábsida, que se reforza con dous arcos, o triunfal e outro intermedio, que arrancan de catro semicolumnas pegadas e coroadas por capiteis ornamentados con grosas follas, e fitas en espiral. No exterior concéntrase a decoración na fachada principal, onde destaca o tímpano. Posúe unha inscrición que fai referencia ao presbítero Pelayo de Oídes e ao ano de construción.

Acceso

Dende Coirós, tomar a estrada N-VI en dirección Madrid ata o inmediato desvío por unha estrada local a Santa María de Ois, onde se acha a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!