CAPELA DE SAN COSME

Relixioso
1535
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sésamo (San Martiño)

Lugar: Outeiro de Arriba

Rúa San Cosme

15199  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 37.9" N - 8º 23' 15.0" W

Descrición

A Ermida románica de San Cosme foi construída no s.XII e remodelada nos séculos XVII e XVIII. Atópase nun outeiro dende o que se pode contemplar una ampla panorámica do Val de Veiga. Ata o século XVII foi igrexa parroquial de Sésamo. Ten planta dunha soa nave con cabeceira rectangular na que se abre una ventá con columniñas, capiteis con motivos zoomorfos e arquivoltas. A fachada lateral da cabeceira decórase con canzorros. No interior, a cuberta da nave e de madeira, e a da cabeceira de bóveda de canón reforzada con arcos que arrancan en columnas encostadas con capiteis vexetais.

Acceso

Dende a Casa do Concello en Tarrío tómase estrada DP-3109 en dirección Ledoño. Na rotonda de enlace coa DP-0510, tómase a terceira saída para continuar pola DP-3109 durante 450 mts ata atopar a esquerda o desvío da rúa San Cosme que conduce á capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!