IGREXA DO CONVENTO DE SAN AGOSTIÑO

Relixioso
No Camiño de Santiago
263

Localización

Rúa: Santo Agostiño 2

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 49.9" N - 8º 32' 27.9" W

Descrición

O Conde de Altamira custearía a construción do convento para a Orde dos Agustinos Calzados de Arzúa. Abandonado na época da exclaustración, dedicouse a diversos usos, e na actualidade está ocupado polos xesuitas. O claustro destaca pola súa harmonía. O templo, realizado entre 1623 e 1648 segundo os planos de Bartolomé Fernández Lechuga, é de planta rectangular na que se inscriben unha única nave en tres tramos, o cruceiro e as capelas laterais. A cuberta é de bóveda de canón e a cúpula de media laranxa sen tambor, presentando ao exterior un corpo cadrado con tellado a catro augas. Na fachada clasicista, estruturada en dous corpos, ábrese unha fornela coa figura da Virxe da Cerca. Só conta cunha torre inacabada xa que a outra foi destruída por un raio en 1788. No seu interior cabe destacar o talle procesional do Cristo atado á columna, obra de Diego de Sande, o retablo maior (atribuído a Pedro Taboada, 1690) e o da Inmaculada (Simón Rodríguez, 1740).

Acceso

Núcleo urbano. Casco histórico.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Última actualización: 04/04/2017
Arriba