CASA DE VAAMONDE

Civil
1254
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Vilar 59

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 41.0" N - 8º 32' 40.9" W

Descrición

Coa súa fachada en cadeirado de granito, está formado por un baixo e dúas plantas, adiantándose á aliñación da casa anterior, por medio dos soportais. Da fachada principal hai que destacar o escudo que se atopa no primeiro piso e o artístico balcón forxado do segundo, así como o chamador da porta, obra do escultor Francisco Asorey, e a vistosa cristaleira da porta interior. O lateral dereito do edificio dá á calella máis estreita de Santiago.
Uso actual: sé do Consorcio de Santiago de Compostela.

Acceso

Núcleo urbano. Centro histórico.
Accesibilidade: peonil. Proximidades: coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!