CASA BERNARDO RODRÍGUEZ LÓPEZ

Civil
981
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Colón 42

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 09.9" N - 8º 43' 13.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1883 por Jenaro de la Fuente Domínguez. Ten tres plantas con eixe de simetría central. A fachada principal é un chafrán dividido en tres corpos por pilastras xónicas. Ten en cada esquina un só van e miradoiros de ferro forxado. O corpo central destaca polo seu almofadado e por estar enmarcado por dobres pilastras xónicas na parte baixa. A parte alta ten un reloxo rodeado de orlas e grilandas e está flanqueado por dous vasos sobre pedestais a cada lado.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!