EDIFICIO BONÍN

Civil
1804
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Areal, esquina Oporto 2 42

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 19.9" N - 8º 42' 59.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1911 por Jenaro de la Fuente Domínguez. Foi construído polo construtor vigués, Antonio González Romero, para o porriñés Manuel Rodríguez Rodríguez, emigrante ao Ecuador, e a súa muller Angelica Bonin. O proxecto inicial contemplaba 10 casas, pero a morte do dono impediu que se concluísen na súa totalidade. Esta obra é ecléctica e a máis suntuosa que ten a cidade polo seu volume e o recargado da súa decoración. Entre os seus ornamentos encontramos: a cabeza dun león cuxos brillantes e expresivos ollos serven de exemplo da mestría da cantería viguesa; frontóns enmarcados por arcos e ricamente decorados con motivos vexetais e volutas; balcóns corridos enmarcados por columnas xónicas e corintias; ménsulas ricamente decoradas, etc. O material construtivo é pedra de gran fino e máxima calidade, cun tratamento moi próximo ao pulido.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!