ANTIGA CASA DO CONCELLO DE VIGO

Civil
2314
No Camiño de Santiago

Localización

Praza da Constitución

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 18.0" N - 8º 43' 32.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1859-1860 por José María Ortiz. Ten dúas fachadas, a principal que dá á Praza da Constitución e a posterior que dá á Praza da Princesa. Na actualidade alberga unha sala de exposicións e a biblioteca da Fundación Penzol, pero anteriormente foi a Casa Consistorial. Na fachada principal acentúase a horizontalidade con cornixas e distínguese un tramo central por pilastras apareadas. Na primeira planta destacan uns vans cubertos con frontóns curvos e na segunda planta con frontóns triangulares. Ambos frontóns teñen acróteras e palmetas na parte central ou vértice. A planta baixa destaca polo seu almofadado corrido e a parte alta do edificio está coroada por unha balaustrada e un perfil central sobre o que se eleva o escudo da cidade.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!